Programa Integrado Emprego 2022

Un novo Programa Integrado de Emprego para dar resposta ás túas necesidades de contratación

Buscas profesionais cualificados e con competencias no teu sector? En AEMOS axudámoste a atopar candidatos/as á medida da túa empresa. Descobre os plans de emprego personalizados do novo Programa Integrado de Emprego de Aemos (PIE) 2021-2022 e elixe a solución que máis se adapta ás necesidades da túa organización: identificación do perfil profesional, formación personalizada ou prácticas non laborables.

Máis de 10 anos completando con éxito programas de emprego avalan a nosa efectividade.

Que tipo de empresas poden beneficiarse do Programa Integrado de Emprego de AEMOS?

O Programa Integrado de Emprego de AEMOS, cofinanciado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social, está aberto a todas as empresas de Vigo e a súa área, de calquera sector e tamaño, con necesidades de contratación.

Que pasos debe seguir unha empresa para participar no PIE de AEMOS?

As empresas interesadas en beneficiarse do noso Programa Integrado de Emprego poden solicitar información a través do correo electrónico insere@aemos.es ou no teléfono 986 49 88 20, onde o noso equipo de técnicos de emprego resolverán todas as súas dúbidas.

Como se realiza a selección de candidatos/as?

Unha vez recibida a túa solicitude para participar no PIE de AEMOS, ben por correo electrónico ou vía telefónica, os nosos técnicos de emprego poñeranse en contacto coa túa empresa para ofrecerlle información sobre as distintas posibilidades á súa disposición e coñecer en detalle cales son as necesidades específicas de contratación: posto/os vacantes, perfil/es das candidaturas, formación, competencias e habilidades requiridas, sector, etc.

Da man da túa empresa, deseñarán un itinerario laboral a medida para identificar o perfil profesional máis adecuado que podería:

1) Incorporarse de maneira inmediata.

2) Comezar un plan de formación adaptado ás necesidades concretas da túa empresa e deseñado á medida da túa organización polo noso equipo.

3) Incorporarse ao persoal en prácticas non laborables para valorar a súa idoneidade ao posto.

Contamos cun centenar de candidatos/as de Mos, Porriño, Salceda de Caselas e Vigo en procura activa de emprego que poderían encaixar á perfección nos perfiles que estás a buscar e que poderían resolver de inmediato as túas necesidades de persoal cualificado.

Por que confiar en AEMOS a selección do teu persoal?

En AEMOS, contamos cunha experiencia de máis de 10 anos desenvolvendo programas integrais de emprego con excelentes resultados, logrando un 70% de inserción laboral. Desde 2008, axudamos cos nosos programas de emprego a máis de 300 empresas a resolver as súas necesidades de contratación, seleccionando e formando aos mellores profesionais. E o que non é menos importante, abrimos novas oportunidades laborais a máis de 700 persoas que se atopaban en situación de desemprego e que se puideron incorporar, grazas aos nosos PIE, ao mercado de traballo.

Que recursos poñemos á túa disposición?

Poñemos á túa disposición o noso coñecemento do mundo empresarial e todos os nosos recursos técnicos, materiais e humanos para deseñar, executar e supervisar a evolución dos itinerarios de inserción laboral máis adecuados para a túa empresa. Ademais, dispoñemos dunha comunidade activa de emprego e unha extensa traxectoria como axencia de colocación, a través de INSERE, que avalan a nosa profesionalidade, compromiso social e paixón en todos os proxectos que emprendemos. O noso obxectivo é dar resposta á demanda de profesionais cualificados do noso tecido empresarial e promover a inserción laboral en Vigo e a súa área.

Axudámoste?

 

No Comments Yet

Deja tu comentario

Your email address will not be published.