PIE AEMOS 2022/2023: Programa Integrado de Emprego

AEMOS, un ano máis, pon en marcha un novo Programa integrado de Emprego, co cofinanciamento da Cª de Emprego e Igualdade (Xunta de Galicia) e o Ministerio de Trabajo y Economía Social

O programa, cunha duración inicial dun ano (ata 16/11/2023)  e cun obxectivo de inserción do 45%, céntrase en promover a inserción laboral e mellora da ocupabilidade de 100 demandantes de emprego de Mos, Porriño e Vigo

O PIE de AEMOS 2022/2023 centra os seus esforzos en desempregados/as que pertenza aos seguintes colectivos:

  • Persoas con certificado de discapacidade
  • Persoas en risco de exclusión social e beneficiarias RISGA
  • Menores de 30 anos con baixa cualificación
  • Menores de 30 anos cualificados
  • Persoas desempregadas maiores de 45 anos.
  • Persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou RAI
  • Mulleres desempregadas
  • Persoas desempregadas de longa duración
  • Persoas desempregadas non incluidas en ningún dos grupos anteriores

Ao longo do desenvolvemento do programa, os/as usuarios/as recibirán accións de:

  1. Información, orientación e asesoramento.
  2. Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
  3. Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
  4. Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
  5. Fomento da capacidade emprendedora.
  6. Prospección empresarial.
  7. Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
  8. Formación para o emprego, distinta á prevista na letra b).
  9. Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctico das accións formativas.
  10. Obradoiros sobre mobilidade laboral.

O programa contempla medidas de conciliación da vida laboral e familiar.

Todas as persoas que participen no programa terán dereito a percibir unha bolsa de 7,00 €/día de asistencia ás accións do programa.

Mais info:

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE MOS
Avda de Puxeiros, 64- 36416 Mos (Pontevedra)
Telf: 986 49 88 20
Mail: insere@aemos.es 

Se estás interesado en participar no noso Programa Integrado de Emprego, fainos chegar os teus datos a través do seguinte formulario

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN

=
Responsable del tratamiento: Asociación de Empresarios de Mos "AEMOS"
Finalidad: Inscripción en el Programa Integrado de AEMOS
Legitimación: Consentimiento expreso del interesado
Destinatarios: No se ceden datos a terceros
Derechos: Puede ejercer sus derechos de acceso, rectificación o supresión, así como otros que se detallan en la información adicional sobre Protección de Datos
Información adicional: para más información visita nuestra Política de Privaidad
No Comments Yet

Deja tu comentario

Your email address will not be published.