Desde AEMOS, froito da nosa participación no Programa FSE+ Galicia 2021-2027, realizamos a contratación dunha persoa nova inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Este programa busca mellorar a empregabilidade e facilitar o acceso ao mercado laboral das persoas novas desempregadas.
Entre os obxectivos deste programa atópanse:
- Favorecer a inserción laboral da mocidade mediante contratos vinculados a programas de interese social.
- Aplicar a Garantía Xuvenil para reducir o desemprego xuvenil.
- Promover a igualdade de oportunidades e a inclusión social, en consonancia co Pilar Europeo de Dereitos Sociais.
Desde AEMOS procuramos cumprir os seguintes resultados:
- Contratación dunha persoa moza durante 9 meses a xornada completa.
- Mellora da empregabilidade e experiencia profesional da persoa beneficiaria.
- Contribución á redución do desemprego xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia.
Esta actuación está cofinanciada nun 60% pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo Plus (FSE+), dentro da prioridade “Emprego xuvenil” e do obxectivo específico ES04.1: mellorar o acceso ao emprego e medidas de activación para persoas mozas.
