AEMOS, dende o 30 de setembro 2020, conta cos servizos dunha técnica especialista para o asesoramento a empresas en situacións conxunturais provocadas polo escenario económico do COVID-19, financiadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, da Cª de Economía, Emprego e Industria.
A técnica, durante un período de 8 meses, desenvolverá tarefas de asesoramento ás pemes e micropemes nas seguintes materias:
- Asesoramento en captación de financiamento e xestión financeira da empresa.
- Relanzamento comercial.
- Transformación dixital da empresa e asesoramento tecnolóxico.
- Prevención de riscos laborais.
- Plans de continxencia na produción e na cadea loxística.
- Apoio na implementación de proxectos e ferramentas de teletraballo.
- Apoio nos procesos de contratación de persoal (procesos de selección).
- Outras materias de natureza análoga ás anteriores.
AEMOS_CartelTecnicoCOVID19_2020
Axuda financeira recibida: 12.150,00 €
De acordo con esta normativa, as axudas establecidas nesta orde de convocatoria están financiadas polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 100 %, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e en particular:
• Obxectivo temático 8: promover a sustentabilidade e calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral.
• Prioridade de investimento 8.1: facilitar o acceso ao emprego por parte das persoas demandantes de emprego e das persoas inactivas, incluídos os desempregados e desempregadas de longa duración e as persoas afastadas do mercado laboral, así como as iniciativas de emprego locais e o fomento da mobilidade laboral.
• Obxectivo específico 8.1.5: mellorar a empregabilidade das persoas desempregadas ou inactivas, especialmente daquelas con maiores dificultades de acceso ao mercado laboral, por medio da adquisición de experiencia profesional, incluídas as iniciativas locais de emprego. Liña de actuación 111: Programa de incentivos á contratación por conta allea de carácter temporal para diferentes colectivos con maiores dificultades de acceso ao mercado laboral.
Segundo se establece no PO FSE Galicia 2014-2020, o cambio esperado mediante este obxectivo específico é lograr que persoas desempregadas pasen á situación de empregadas, por medio de adquisición de experiencia laboral. Para lograr este obxectivo, prográmanse actuacións que integran, entre outros, programas e incentivos á contratación por conta allea de diferentes colectivos con maiores dificultades de acceso.
Mediante a presente orde de axudas incentívase, en primeiro termo, a contratación de menores de 30 anos, maiores de 45 anos, persoas desempregadas de longa duración e mulleres, todos eles colectivos sinalados como colectivos con maiores dificultades de acceso ao emprego. Máis aínda, o programa permitirá aos seus participantes a adquisición de coñecementos e competencias específicos no asesoramento en xestión empresarial, grazas á súa inserción nas estruturas de organismos intermedios que dan servizo a unha gran variedade de empresas, o que contribuirá á súa empregabilidade.
Deste xeito, este programa contribuirá á mellora dos indicadores de produtividade e resultados asociados a esta liña de actuación no PO FSE Galicia 2014-2020.
Máis información :
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE MOS
Avda de Puxeiros, 64- 36416 Mos (Pontevedra)
Telf: 986 49 88 20
Mail: aemos@aemos.es