Programa Integrado de Emprego AEMOS 2024/25

AEMOS, un ano máis, pon en marcha un novo Programa integrado de Emprego, co cofinanciamento da Cª de  Emprego, Comercio e Emigración (Xunta de Galicia) e o Ministerio de Trabajo y Economía Social

O programa, cunha duración inicial dun ano (ata 14/10/2025)  e cun obxectivo de inserción do 45%, céntrase en promover a inserción laboral e mellora da ocupabilidade de 100 demandantes de emprego de Vigo, Mos e Porriño

O Programa Integrado de Emprego de AEMOS 2024/2025 centra os seus esforzos en desempregados/as que pertenza aos seguintes colectivos:

  • Persoas con discapacidade
  • Persoas desempregadas en risco de exclusión social e persoas beneficiarias do tramo de inserción
    da Risga
  • Menores de 30 anos con baixa cualificación.
  • Persoas desempregadas migrantes cunha autorización de residencia temporal por motivo de arraigo
    para a formación
  • Menores de 30 anos cualificadas
  • Persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción.
  • Mulleres desempregadas
  • Persoas desempregadas de longa duración
  • Persoas desempregadas non incluídas en ningún dos anteriores grupos

Ao longo do desenvolvemento do programa, os/as usuarios/as recibirán accións de:

  1. Información, orientación e asesoramento.
  2. Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
  3. Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
  4. Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
  5. Fomento da capacidade emprendedora.
  6. Prospección empresarial.
  7. Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
  8. Formación para o emprego, distinta á prevista na letra b).
  9. Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctico das accións formativas.
  10. Obradoiros sobre mobilidade laboral.

O programa contempla medidas de conciliación da vida laboral e familiar.

Todas as persoas que participen no programa terán dereito a percibir unha bolsa de 10,00 €/día de asistencia ás accións do programa.

Mais info:

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE MOS
Avda de Puxeiros, 64- 36416 Mos (Pontevedra)
Telf: 986 49 88 20
Mail: insere@aemos.es 

Se estás interesado en participar no noso Programa Integrado de Emprego, fainos chegar os teus datos a través do seguinte formulario

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN


No Comments Yet

Comments are closed