Error de Identificación!

Entrevistas


ENTREVISTA A DéBORA DEL RíO

Dende AEMOS che ofrecen un lugar atractivo e participativo para formarte e mellorar profesionalmente

.- Cal é a túa experiencia profesional previa á participación no Plan de Emprego Insere 7
A miña vida profesional divídese en dúas partes: por un lado, acumulo experiencia como Auxiliar Administrativo, en dúas empresas, adicadas a sectores tan dispares coma a decoración e as instalacións eléctricas; por outro lado, fun Dependenta nunha tenda de bolsos e complementos.
Son experiencias profesionais dispares, pero que déronme a posibilidade de coñecer as miñas capacidades, habilidades e descubrir tamén as miñas propias barreiras

.- Qué che aporta a túa participación en Insere 7, a nivel profesional e persoal?
Podería enumerar un sinfín de boas prácticas, pero quédome coa facilidade e a posibilidade de que as empresas asociadas a AEMOS me coñezan. Estar aquí é unha plataforma de visibilización perfecta.
A nivel persoal, é unha inxección de ánimo para seguir formándome e afrontar a busca de emprego de forma moito máis activa

.- Cómo valoras a figura dos técnicos? Tutelan a túa busca de emprego? Actúan como mentores?
Só teño boas palabras para os técnicos, son personas moi cercanas, sempre ao noso lado, que axúdannos no noso desenvolvemento individual. Transmítennos que todo o mundo ten un talento. Eles axúdannos a descubrilo e a potencialo. Otorgan unha gran importancia á formación e á aprendizaxe.
Somos un grupo do máis dispar, e eles saben xestionar a nosa diversidade, presentándonos ofertas e oportunidades acordes a cada un de nós

.- Qué acción destacarías do Programa?
Como dicía anteriormente, dende o programa poñen moito énfase nas accións formativas, tanto presenciais coma as online. Ofertan un gran catálogo formativo, pero sobre todo destacaría Speaking English, unah acción entretenida e didáctica, que permitiume mellorar o meu inglés.

.- Recomendarías este plan a outros/as demandantes de emprego? Por qué?
Sen dudalo. É unha gran axuda á hora de formarte e de buscar traballo

Mos, a 6 de Xuño 2017

 

ENTREVISTA A MARCO VACCAROLI

O primeiro paso para atopar un traballo é ter unha boa formación

.- Cóntanos como é a túa experiencia no plan: en qué estás a participar, que o que máis che gusta, etc.
Dende AEMOS fixéronme ver a importancia de formarme adecuadamente. O punto de partida foi unha entre individual, para definir un plan de desenvolvemento e formación individual. Destaco a formación en novas tecnoloxías e en loxística e almacén, o meu ámbito profesional

.- Qué é o que máis valoras do plan?
Creo que podo afirmar que o que máis valoramos todos os usuarios é a posibilidade de acceder, de xeito prioritario, ás ofertas de emprego que se xestionan dende AEMOS.
A nivel persoal, aplaudo a profesionalidade,a eficacia e a axuda que nos prestan os técnicos que traballan no programa. Sempre se mostran afables e dispostos a axudarnos en todo

.- Pensas entón que a formación recibida permite o teu desenvolvemento profesional?
Por suposto, de feito a formación homologada en Carretilleiro, norma UNE, mellorou o meu CV e abriume portas no sector da automoción.

.- Tras o teu paso por Insere 7, estás en mellor situación para afrontar a busca de emprego?
Con rotundidade SÍ. Aprendín cousas tan básicas como preparar e adecuar o meu CV a cada oferta na que concurso, ou coñecer as claves para superar con éxito unha entrevista de traballo.

.- Pensas que estas ferramentas son útiles para os demandantes de emprego?
Sí e recomendaríao a todo o mundo. Hai unha combinación perfecta entre a formación que se recibe, o acceso ás ofertas de emprego e a axuda dos técnicos do programa.

Mos, a 11 de Abril 2017

 

ENTREVISTA A LAURA LAGO

Cordial, sorrinte, directa e afable. Así preséntase Laura Lago, que con 28 anos encara a súa vida laboral coa certeza de quen sabe de que as aptitudes e o talento xogan sempre a favor en temas de emprego.

O Plan Integrado de Emprego INSERE 5 foi unha oportunidade para ela, e a AEMOS brindoulle a posibilidade de entrevistala para opinar deste.

.- ¿Que che aportou a túa participación no PIE Insere 5?
Pois, primeiramente, a nivel persoal aportoume crecemento e confianza. Serviume para coñecer novas persoas, compartir experiencias e saber que, a miúdo, as necesidades e as extratexias para seguir adiante sons comúns
Aprendín a analizar as situacións, o proceso de desenvolvemento das acción, cara a quén dirixirme, e por qué.
A nivel profesional a valoración é moi positiva. Eu acumulaba experiencia como Administrativa. A miña participación en Insere 5 permitiume realizar diversas accións formativas, a posibilidade de asistir a entrevistas de traballo e, finalmente, que me contrataran dende hai xa nove meses, como Recepcionista e xestión de actividades deportivas.
Quédome con todo o equipo humán que formamos todos os Insere, porque caláronme hondo todos eles

.- ¿Como valoras a figura dos técnicos durante a execución do Plan?
A labor realizada polos técnicos foi excelente; de feito débolle a eles o estar a día de hoxe traballando.
Sempre resolveron as miñas dúbidas e, ainda a día de hoxe, seguen a contar conmigo e infórmanme de todas as accións formativas. A plataforma e-learning permitiume compatibilizar traballo e formación

.- Formación, prácticas laborais, asesoramento, etc..con que acción te quedas?
O que máis me gustou foron os cursos de idiomas, tanto de inglés como de portugués. Hoxe en día, en traballos de atención persoal e atención ao público é fundamental ter destreza e saber comunicarte en varias linguas.

.- Queda claro que a túa valoración é positiva. ¿Recomendaríaslle este plan a demandantes de emprego de Mos?
Por supostísimo. Este plan deume a oportunidades de formarme, ampliar o meu CV e estar traballando. Este programa é unha oportunidade para explorar experiencias e crer nun mesmo a nivel laboral.

Mos, a 1 de agosto 2015

 

 

ENTREVISTA A NOELIA AIRES

Sacrificio e esforzo, dúas palabras que parecen a antítese da felicidade, pero que Noelia sabe que esconden algo tan importante como a confianza nas propias capacidades.

.- ¿Como foi a túa participación no Plan de Emprego?
Insere 5 é coma un soño, un proxecto no que se ve implicado moito esforzo e dedicación para conseguir os obxectivos marcados. Tras un gran proceso de selección, tiven a sorte de ser unha das participantes.
Dende o primeiro intre, facilitáronnos moita información sobre como encarar a busca de emprego, elaboración de Cv, fontes de recrutamento ou as posibilidades que ofrece Internet aos demandantes de emprego. Mesmo brindan a oportunidade de facer prácticas en empresas, coas que as posibilidades de conseguir un contrato aumentan considerablemente. Eu tiña claro que non quería deixar marcha a oportunidade que se me ofrecía, así que sempre acudín ás sesións grupais ou individuais, aos cursos de inglés e telemarketing.
Se a todo isto, añádese a posibildade de coñecer a persoas diferentes e de relacionarme con elas, a combinación é perfecta.

.- De todo o que comentas, ¿que é o que máis valoras do Plan?
O que máis valoro de Insere 5 son as persoas que o fan posible. A axuda que nos prestan é inestimable, xa que sempre que temos algunha dúbida ou carencia, ahí están para axudarnos e atendernos. De todos eles destaco a súa preparación e a súa paciencia (risas). Foron quen de facerme ver a importancia de crer en min mesma, de potenciar o meu talento e apostar polas miñas posibilidades.

.- Ou sexa, ¿tras o teu paso por Insere 5, estás en mellor situación para afrontar unha busca de emprego?
Claro que sí, agora coñezo todas as "claves"

.- ¿A formación recibida permite o teu desenvolvemento profesional?
Toda a formación favoreceu o meu desenvolvemento; a nivel profesional porque adquirín coñecementos, pero o máis destacable é o que adquirín a nivel persoal: novos valores, como a adaptabilidade ao cambio, entendida como a predisposición a considerar o cambio como unha oportunidade en lugar dunha ameaza, a confianza nun mesmo ou a necesaria actitude postiva para a busca de emprego

.- ¿Pensas que estas ferramentas son útiles para os demandantes de emprego?
Animo a todos os demandantes, que teñan a oportunidade, a participar nestes proxectos. Aquí non hai números, hai persoas. En todo momento estás respaldado, aconsellado e tutelado de maneira personalizada.

Mos, a 3 de Agosto 2015

 

ENTREVISTA A JUAN GARCíA DE PRUEBA

"La paciencia y el apoyo de mi familia.
La confianza de algunos buenos clientes
Una fe ciega en el proyecto."

Juan García nos cuenta su experiencia
como emprendedor.



Carretera de peinador, 41
Mos, Pontevedra
T. 986 49 88 20